Aínda Barack Obama non coseguiu a victoria, e incluso creo que será dura conseguila,
pero como vos dixen, o mellor que ten é a organización da campaña, non sei quen lla leva, quen é o seu Robert Kennedy, pero é increiblemente preciso como manexan os tempos, e os apoios, moitos deles por sorpresa nos mitins, foi o caso de Christine Gregoire a gobernadora de Washinton
que ten unha curiosa elección, despois de recursos e recursos en máis de 3 millóns de votantes gañou por 133 votos,ela é da ala esquerda do Partido Demócrata, podedes atopar en internet moita información dela.
Deciavos que Obama ten moi ben a campaña, faina estilo Kennedy, van a Idaho o día antes do supermartes, imaxinádesvos en Galicia que Touriño fixese un mitin en Dozón en Vez de facelo en Vigo nunha campaña?. Todos os candidatos gastan cartos e cartos e van ós estados grandes ata o supermartes, e el non, cando días despois do supermartes se votou en Luisiana, Obama acudiu a un mitín en Nova Orleáns, eso si, era a cuarta vez que o facía na campaña, a cuarta, eso explica os resultados de despois
Pois en Texas o mesmo, despois do supermartes Clinton está centrada en Texas e Ohio, porque son estados grandes, pero a maquinaría de Obama funciona, hoxe o alcalde de Austin (Texas) sae apoiando a Obama .
Ah por certo deixovos co video do mitin de Obama en Austin, Texas o 23 de Febreiro do 2007, si do ano pasado !
[...] sobre o que están a escribir os meus amigos Jordi, Iván e , quen aínda non coñezo persoalmente, Fariña sobre as primarias americanas. A min tamén gústame Barack Obama, pero non sei se é efecto do [...]