Na mesa de Malpica 003 A na que estiven de interventor o Domingo había un encuestador o Domingo, o que facía era cada 2 minutos e medio preguntarlle a quen saia de votar a quen votara, de como o facía xa me din conta que non o estaba facendo ben, non era que a xente non lle dixera nada que según el solo lle pasou entre as 9 e as 9 e media, despois según el si lle contestaban, ainda que vin pola tarde que había xente que pasaba de el.
Esta mesa é unha mesa da dereita, creo que dende 1977 so gañou 4 veces un partido que non fose a dereita, nas municipais do 79,83,87 e 91 e por cuestións locais, pero dende 1991 lebava a dereita victoría tras victoria.
Os resultados de 2004 foran PP 49,57% PSdeG-PSOE 34,39 % e BNG 13,13% cunha participación do 75 % .
Cando marcho pa casa comer o encuestador tamén marcha e me ensina o que leva PP 33, PSdeG 32 BNG 17 outros 4 nos que están 2 de IU. eu xa me poño nervioso porque non pode ser, sería PP 38,37% PSdeG 37,20 % BNG 19, 76 % o que era unha barbaridade, con estes resultados teríamos maioria absoluta de verdade e si serían certos estes datos do 183 deputados.
Pola tarde o encuestador veu e seguiu facendo enquisas ata as 7 máis ou menos e díxome que o PP ia remontando, o que tampouco cadraba, xa que os votos de cedo son moitos do PP da saida da misa, e o que cadraba máis era que o BNG non subía máis o BNG ten os votos das familias que ten e nótabase que viñeron pola mañá (como anécdota o BNG obtivo nas municipais 87 votos e esta vez obtivo 88) por eso pola tarde non subeu tanto o BNG.
Ás 8 menos cuarto me ensina o que enviou de 150 encuestados PP 66 PSOE 62 e BNG 27 eso sería PP 44% PSdeG-PSOE 41,33% e BNG 18% .
Ó final foi PP 258 (46,99 %) PSdeG-PSOE 192 ( 34,97%) e BNG 88 (16,02%)
Ah o encuestador falou con 2 dos 3 votantes de IU na mesa, todo esto faime sospeitar cada día máis das enquisas a pe de urna.
Tradicionalmente, as enquisas a pé de urna nunca foron fiables. Ademais, as enquisas telefónicas están a atravesar o que será, quizais, o principio da fin da súa validez: co auxe dos teléfonos móbiles o perfil de posuidor privado dun teléfono fixo vai -cada vez máis- debuxándose de forma máis concreta. Ou sexa, que a imposibilidade de acceder distintos perfís de usuario debería reducir a validez dos seus resultados.
Ademais, pensa na forma de reclutamento e formación deses ‘encuestadores’: o feito de que sexa unha demanda ‘conxuntural’ fai que as persoas que se contratan non teñan experiencia previa, quizais nin interese no tema do que van preguntar e, dende logo, a súa formación é de a penas 4 horas (unha mañá). ¿Que calidade se lle pode esixir no traballo, e por tanto nos resultados, a estas persoas? Evidentemente, ningunha.
Concordo plenamente contigo. Este tipo de enquisas é moi pouco fiable. E, para opter uns bos resultados, cada vez se convirte en máis imprescindible combina-los resultados recollidos a través de técnicas distintas: enquisas telefónicas, enquisas on-line, estudos cualitativos… Por certo, unha idea, ¿porqué non lle dedicas un día un post ás enquisas on-line?
Apertas.