Na
prensa destes días aparecen noticias sobre o XI congreso do PSdeG-PSOE a celebrar a finais do mes de Xullo, e un dos debates que máis saen na prensa é sobre o futuro da organización interna do PSdeG-PSOE. Este é un debate repetido, no IX e X congreso (2000 e 2004) produxose o mesmo debate, se a estructura provincial coa que conta o PSdeG debe ser elexida ou designada, tanto no 2000 coma no 2004 fun delegado ó congreso e formei parte da comisión de estatutos, nesta comisión a posición que defendin, xunto con máis compañeiros foi a de que se deberían elexir democráticamente os responsables provinciais, que deberían ser elexidos polas agrupacións e que lle deberían dar conta ás agrupacions da sua xestión. En frente nos dous congresos nos atopamos co mesmo ponente Luís Angel Lago Lage, senador por Lugo e un home moi traballador e batallador, que defendía o contrario, que era moito mellor que o responsable provincial fose designado polo secretarío xeral do PSdeG. Os debates foron moi duros, como corresponde ós congresos do PSdeG e a posición da maioria dos delegados tamén, a maioria defendeu tanto no 2000 coma no 2004 que era mellor que fosen designados, o máis que chegamos a obter é un pouco máis do 30% dos votos.
Este XI congreso presentase de novo o mesmo debate que no 2000 e no 2004, aínda que esta vez con repercusión que non tiveron os anteriores debates congresuais. Eu non teño datos para saber o que vai pasar, si que me gustaría que vencese a idea de que se celebren congresos para elexir ós organos provinciais, pero son moi exceptico sobre o resultado, xa pensei que se conseguiria no 2000 e no 2004 e non foi así.
O que si me disgustaría é que a xente vise este debate de xeito personal, que confunda un debate de ideas co MARCA, eso si non debe facerse, cada un defenderá o que crea que é mellor, simplemente.
“a posición que defendin, xunto con máis compañeiros foi a de que se deberían elexir democráticamente os responsables provinciais”
Ah, pero que non é así? Non é a constitución ou non sei que lei que di que o funcionamento interno dos partidos políticos debe ser democrático?
Até onde eu sei, dedocracia (designación directa por parte do superior) non é democracia.
Vaites, vaites…
Os tres partidos con representación parlamentaría de Galicia teñen un funcionamento interno que en termos democráticos é mellorable, dos tres, na miña opinión, con bastante diferencia o PSdeG é o máis democrático, pero eu creo que debería selo aínda máis, o PSdeG é o único partido onde se celebraron primarias, e por exemplo, as listas electorais se fan de abaixo cara arriba e non de arriba cara abaixo, poñendo o teu simil que non comparto, tódalas listas do BNG se fan por dedocracia de arriba a baixo, a min paréceme democrático ese sistema, pero para o meu partido me gustaría que fose máis democrático aínda.
Penso que Fariña Pérez non coñece o funcionamento do BNG.
No seu momento tamén houbo primarias, como el lle chama, no BNG, se non recordo mal entre Quintana e Camilo Nogueira.
Por certo, hai asembleas nacionais (que non congresos) onde o conxunto da militancia escolle á dirección nacional, e todos os responsábeis locais e comarcais son escollidos polas asembleas.
No que toca ás candidaturas, todas as comarcas fan propostas de nomes que despois son baralladas polo consello nacional, elixido pola asemblea.
Non creo, pois, que o PSOE poida presumir de ser máis democrático, e menos cando ti mesmo dis que tiveches que defender (entendo que sen éxito) a elección democrática dos responsábeis provinciais. Iso, no BNG (non hai responsábeis provinciais, si comarcais e locais) ocorro fai moito tempo, concretamente dende a súa fundación no ano 82.
O dito, bendita progresía a que nos trae o socialismo…
Perdón por expresarme mal, non é unpost para discutir sobre quen é máis democrático. Pero matizoche, o BNG non ten asambleas nacionais, ten congresos con delegados exactamente igual que o PSdeG coa diferenza que no BNG os delegados elixense comarcalmente, é decir un militante de Malpica tería que desprazarse a Carballo a votar, mentres que no PSdeG é por concellos, un militante do PSdeG de Malpica votaría en Malpica, o funcionamento do BNG é o típico dos partidos comunistas (politolóxicamente falando), que teñen os seus pros e contras, podíache contar como en Marín os militantes manifestáronse en contra de Bieito Lobeira democráticamente, e automáticamente foron expulsados e máis que expulsados agredidos etc etc, como en Santiago os militantes rexeitaron unha lista e a dirección decidiu que ian ter que votar a mesma lista ata que dixeran que si, e na segunda xa o conseguiron, etc etc pero este non é o tema, eso é tema que lle corresponde ós militantes do BNG.
E Igualmente democrático a designación que a elección directa, en tódolos ámbitos existen os dous modelos, por poñerche un exemplo que entendas, Zapatero non é elexido presidente, é elexido deputado e o parlamento nomeao presidente, e os ministros tampouco son elexidos, nomeaos o presidente. No ámbito autonómico o mesmo, Touriño designa ós conselleiros, Quintana incluido, non hai elección directa de vicepresidente, nin o BNG elexiu nunha votación en urna ós conselleiros nin nada que se lle pareza. Noutros paises elixen directamente ós presidentes por exemplo.
Nos partidos políticos pasa o mesmo, hai veces que os cargos, son elexidos directamente e outras veces indirectamente, eu neste caso concreto, creo que é mellor un congreso para a elección dun determinado posto que a designación por parte do secretario xeral, democráticamente elexido nun congreso democrático, e totalmente democrática,.
Fran pode darche bibliografía sobre o funcionamento dos partídos políticos e ver os pros e contras, o funcionamento noutros países etc etc.
Si que creo que tódolos partidos poden mellorar o seu funcionamento interno, e o que máis me interesa que o mellore é o PSdeG
“o que máis me interesa que o mellore é o PSdeG”.
Sera porque é o que mais o precisa, de momento é o que di Xoan : DEDOCRACIA, propia dos partidos de dereitas, que é realmente o que esta chegando ó PSdeG-PSOE.
Por min podedes elexilos cos dados, os chinos, o tute ou como queirades.O problema mais grande e cando esa DEDOCRACIA pasa a fora do partido as consecuencias as pagan os de sempre (ti incluido):
http://blogs.periodistadigital.com/politica.php/2008/05/18/zapatero-austeridad-alto-cargo-sueldo-9339
Zapatero “el Derrochador”, unha boa maneira de pasar a historia.
Non creo que sexa quen máis o precisa, creo que o BNG e PP son menos participativos para a militancia que o PSdeG, pero repito que non falaba deso no meu post.
Non creo que por exemplo, como Quintana foi designado por Touriño como vicepresidente sin que houbese unha elección no BNG para ver a quen nomeaban Vicepresidente, non houbo nen asamblea do BNG para elexilo, nin votación en urna nin nada, foi a Executiva do BNG quen o nomeou, este nomeamento non o fai DEDOCRÁTICO, Quintana é un vicepresidente democrático aínda que non fose elexido para eso, foi designado por Emilio Pérez Touriño.
Facer demagóxia facil é moi moi simple, e a realidade non é tan simple
Esto que che vou contar é unha opinión persoal. A política, a día de hoxe, deixou de ser unha causa de ideales para tornar nunha causa ecónomica, con minimas excepcións que non fan mais que confirmar a regla. O funcionamento interno de cada partido a min non me importa, cada can que lamba o seu carallo.
¿Chamasme demagoxico a vista do enlace que che mando?.Esto dos altos cargos non ó inventei eu, e non me podes negar que a súa elección é a DEDO.
Mira a realidade e dime ¿esto é demagoxia?:
http://br.youtube.com/watch?v=t05i9MwbDGE&NR=1
http://br.youtube.com/watch?v=Pqt57D3poVU
http://br.youtube.com/watch?v=F4Z69NMUspg&feature=related
http://br.youtube.com/watch?v=OqppO4orTeo&feature=related
Hoxe hai pleno interesante, si vas tomamos un café.
Dígoche que é moi facil facer demagóxia, que é algo moi típico dos partidos cando non gobenan, de verdade faise unha demagoxia moi grande na que eu intento non caer.
Xa che expliquei que decir eso de elección a dedo é moi moi demagóxico, póñoche un exemplo máis, imaxina que chegas a conselleiro de Pesca, o teu xefe de gabinete como o contratarías, farías unhas eleccións en Galicia para designalo? ou nomearías a alguén da túa confianza, que cando ti marchases tamén se marcharía.
(Teño que pasar polo parlamento un día destes pero no que queda de mes teño pouco tempo, un saudo)
editado pola tarde: Oh, pensei que decías que ias hoxe ó parlamento, e resulta que falabas do pleno do concello de Malpica! Dende fai uns meses non podo ir ós plenos de Malpica por temas de traballo.
Os plenos en Malpica son movidos dende 1989, o que fai que sexan moi concurridos, e eso si que está ben
Facía que non viña por aquí.
“Non creo que sexa quen máis o precisa, creo que o BNG e PP son menos participativos para a militancia que o PSdeG”. Penso que, cando menos do BNG, non coñece o seu funcionamento interno. Senón esta aseveración non tería moito sentido.
Deixo este debate aquí, atoparémonos noutro post.
Saudiños.