Costas considera ilegales gran parte de las casas de la zona litoral de Malpica.
Esta nova fixo que saise a nivel galego as problematicas urbanísticas do concello de Malpica, como a maioria non sodes de Malpica quería explicarvos a triste historia do urbanismo de Malpica.
Os plenos “movidos” tan famosos en Malpica, comezaron no vran de 1990, nese ano o goberno do BNG encabezado por Luís Cancela Vecino decidiu que Malpica necesitaba un plan xeral como ferramenta para o seu futuro, nese vran do 1990 lánzase o proxecto, as primeiras reaccións son de rexeite total, crease un grupo de xente en contra do plan xeral, o seu argumento,o goberno queríalles roubar as súas terras que o alcalde era un ladrón, o concello non pode prohibir edificar a quen queira donde queira, como que calles de 8 metros de ancho e zonas verdes, que non que non pode haber zonas verdes en Malpica que non fan falta ningunha. O goberno ofertalles negociar as alegacións que queiran facer, e ver o que se pode cambiar do borrador. Os afectados non aceptan negociar, o único é que se lle permita a todo o mundo edificar donde queira e canto queira, a situación vai a máis e empezan as manifestacións diarias na fonte, as amenazas de morte ó alcalde e o concelleiro de urbanismo (Queco), pintadas na sua casa, amenazas de morte a el e o seu fillo etc etc, Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional do BNG acude a Malpica a apoiar ó alcalde e non consigue falar, ten que escapar protexido pola guardia civil xa que o apedrean na súa visita. Dado que durante todo ese tempo a violencia vai a máis, o goberno do BNG decide retirar o plan xeral e ofrece negociación para empezar de novo, os afectados neganse e continuan coas amenzas de morte e as manifestacións diarias na fonte. Producense as eleccións municipais de 1991 e o BNG perde nas mesas de Malpica frente ó PP, pero cos votos do resto do concello consigue ser a forza máis votada tendo BNG 6 concelleiros, PP 5 e PSdeG-PSOE 2 concelleiros. O goberno do BNG dura un ano, non son capaces de seguir soportando todo e dimite o alcalde. A lei daquel tempo permite que Pardines(PP) acade a alcaldía cos 5 votos do PP, e coas abstencións dos concelleiros do BNG.
O PP goberna eses 3 anos e nas eleccións de 1995 gaña as eleccións con 6 concelleiros, non tendo a maioría para gobernar compran a vontade do número 2 da lista da Agrupación de Independentes de Malpica, impedindo que saise elexido como alcalde o número 1 do seu propio partido. Nese ano 1995 o goberno do PP aproba as normas subsidarias que están vixentes hoxe en día no noso concello.
Estas normas son as que permitiron que os especuladores se lanzasen a por Malpica, nestes últimos anos empresas de tódolas orixes, de Coruña, Pontevedra, Madrid, se lanzaron a comprar terreos, e edificios e tiralos e construir ó lado da praia, ou case enriba.
No vran do 2007 a consellería de política territorial denuncia no xulgado contencioso número 4 de Coruña a autorizaciónde catro licencias urbanísticas que contaban co informe favorable do arquitecto municipal e o informe favorable da secretaria do concello, persoas as dúas que non tiñan moi boa relación entre elas e que non son sospeitosas de ser seguidores de Zapatero, precisamente. Que tería pasado se o alcalde se nega a autorizar a obra que conta con tódolos informes favorables? pois que sería inhabilitado, un alcalde non pode negarlle a ninguén a autorización para obrar se os técnicos informan favorablemente.
Esto é o que leva á situación actual, agora costas considera que moitas casas invaden o dominio público marítimo-terrestre, ante esto o grupo de goberno decidiu contratar a un arquitecto e un abogado para que elaboren cos veciños as alegacións que consideren oportunas.
Este tema seguro que foi o tema estrela do pleno municipal de onte, xa vos contarei o que defenderon cada un dos partidos, xa veredes como non nos defraudan, sobre todo o actual portavoz do BNG e o nº 2 do PP.