QUE A REALIDADE NON CHE ESTROPEE UN BO TITULAR
Anónimo
Os tópicos enchen as portadas de hoxe, España rompe coa maldición dos penaltis e pasa a semifinais, por fin pasamos de cuartos etc etc, o malo é que os datos non din nada desto, a realidade é máis “normal” do que creemos.
España e os penaltis: Dende que a FIFA instaurou este método para desempatar un partido a selección española ten chegado 6 veces á tanda de penaltis en Eurocopas e mundiais, o resultado 3 victorias 3 derrotas, un 50% de victorias, carallo para a maldición! Repasemos
1984 Semifinais Eurocopa: España gaña a Dinamarca por penaltis 5 a 4
1986 Cuartos de final Eurocopa. España perde contra Belxica por penaltis 4 a 5
1996 Cuartos de final Eurocopa. España perde contra Inglaterra por penaltis 2 a 4
2002 Octavos de final Mundial. España gaña contra Irlanda por penaltis 3 a 2
2002 Cuartos de final Mundial. España perde contra Corea por penaltis3 a 5
2008 Cuartos de final Eurocopa. España gaña contra Italia por penaltis 4 a 2
Pero este 50% debe ser pouco, non somos como Italia, ese país si que ten sorte nas tandas de penalti, como din, ganámoslle onte no seu terreo a Italia, á que ten sorte, si Italia nos penaltis ten este historial:
1980 Eurocopa, 3-4 posto Italia perde contra Checoslovaquia por penaltis 8 a 9
1990 Semifinais Mundial Italia perde contra Arxentina por penaltis 3 a 4
1994 Final Mundial Italia perde contra Brasil por penaltis por 2 a 3
1998 Cuartos de final Italia perde contra Francia por penaltis por 3 a 4
2000 Semifinais Eurocopa Italia gaña contra Holanda por penaltis por 3 a 1
2004 Final Mundial Italia gaña contra Francia por penaltis por 5 a 3
2008 Cuartos de final Eurocopa, Italia perde contra España por penaltis 4 a 2
Que sorte ten Italia nos penaltis un 29% carai, non coma España! que ten un 50%!!!
Eu non entendo nada de maldicións
O fútbol é como a política, non se entenden nin de cifras, nin de datos, nin de tendencias, só de “impresións”. Así lle vai ao mundo, madía leva!