O xoves pola noite volvín de publico ó pleno do concello de Malpica, o pleno foi coma sempre, con moitas cousas divertidas pero non é cousa de escribilas todas… uns apuntes:
-O número 2 do PP cree que a educación aprendese na universidade, pois non, a xente aprende educación na casa, cos seus pais e avós, cando se chega a universidade xa se ten que ter aprendido un pouco de educación, por exemplo non fai falla ir a universidade para ser capaz que, cando outro ten a palabra nun pleno non poñerse a berrar e interumpilo.
-O actual portavoz do BNG tivo un día normal, deume un pouco de pena, no pleno de Xuño dixera que o que facía costas era un “roubo legal” e neste pleno viuse obrigado moralmente a explicarse, según el dixo que “cando dixen que era un roubo legal díxeno porque cando se teñen uns limites no ano 67 e se cambian no 88, os de costas cambian as liñas e de repente a ti, que tiñas construido unha casa cha expropian e non che pagan nada, por eso digo que a Ley de Costas é un roubo legal” son palabras case textuais, claro pola forma de decilo creo que o decia en serio, que de verdade cree que costas pode facer eso, se fose verdade sería un escándalo e o tribunal constitucional xa teria anulada esta lei, o malo é que o que dixo neste pleno o actual portavoz do BNG é mentira, pero se crees que é verdade é normal que estés tan enfadado.
Políticamente un pode equivocarse moitas veces, pero o normal é que despois de dous plenos onde se debate o tema un debería terse enterado, e non é tan dificil facelo, sen sair do BNG de Malpica, se en vez de non consultar nada tivese chamado a Luís Cancela (ex-alcalde) ou a Queco (ex-concelleiro) poderían explicarlle que non era certo o que el pensaba da lei de costas, porque eles si saben que é a lei de costas e lle poderían ter aforrado o espectaculo que brindou, a falta de un, en dous plenos consecutivos, o peor de todo sería que alguén do público se creese que costas pode facer estas animaladas.
Personalmente creo que é un exemplo a seguir, un exemplo de como non se deben facer as cousas, un cando ten que falar de moitos temas é imposible sabelo todo, o bo é que hoxe en día hai un grande acceso á información, hai moita xente á que podes consultar, hai telefónos móbiles, correo electrónico, google… e cando estás nun partido político máis ainda, podes falar con alcaldes, deputados, concelleiros de calquer tema, abogados arquitectos etc etc, se insistes en facer ti todo, sen contar con ninguén, e sen consultar a ninguén acabarás metendo a pata moitas moitas veces, demostrarás que non es tan listo como crees.
En todo caso, o de Malpica de Bergantiños comeza a ser un pouco esquizofrénico. Tres plenos en menos de 48 horas??? E non lles daría igual convocar un único pleno e tratar todos os temas? Xa sei que se a oposición os pide, hai que convocalos. Tamén teño claro que ao mellor non había oposición a que se tratase todo en idéntico pleno. O que está claro é que o alcalde está sumerxido nunha esquizofrenia que pa que…
Xoán, o mesmo portavoz do BNG se queixou de que non se convocase un terceiro pleno ese día e se vise obrigado a tratar o deslinde de costas no pleno ordinario, el e toda a oposición querían que fose nun pleno diferente, é decir, protestaron por ser so dous plenos e non tres. O alcalde non puido conseguir que fose nun pleno so, xa que a oposición pode convocar tres plenos no ano, e co extraordinario sobre o campo de futbol de Buño xa convocaron os 3.
Non sei porque a oposición prefire 3 plenos o mesmo día en vez de 1, un dato é que se hai 1 pleno cobran 90 euros e si se celebran 3 serán 90×3=270 euros, pero seguro que non é por eso, será como din, para que se traten os temas con maior profundidade
Hola Javier,
Que bueno verte por los blogs, veo que con independencia del territorio es verdad que el PP tiene un mismo discurso de la ética de la responsabilidad ajena.
Abrazos.
Boas Javier:
Ando un pouco atrasado na actualidade debido a que tiven que ir busca-las fabas o Gran Sole.
Vexo tamén que ti andas bastante enterado no que é o tema de Costas, polo que agradeceriache moito me clareases un par de cousas.
1ª A Xunta arquiva o caso do chalé da Xefa de Costas de Pontevedra
http://www.vieiros.com/nova/58237/a-xunta-arquiva-o-caso-do-chale-da-xefa-de-costas-de-pontevedra
2ª O chalé da conselleira de Pesca leva seis anos con orde de derrubo
http://www.vieiros.com/nova/56926/o-chale-da-conselleira-de-pesca-leva-seis-anos-con-orde-de-derrubo
E de propina, ¿como se chama a quen pretende quitarche unha propiedade, feita legal no seu día (1983), coa modificación dunha liña imaxinaria(1988)?.
¿Por qué non facer unha lei actualizada do ano en que estamos?. Só dar gracias a que no criterio de “donde chege a ola na preamar mais alta” non tivesen en conta os datos historicos, senón todo o Sur de España iba quedar quente.
Consulta o do maremoto de Lisboa.
A Sra de Costas que veu a Malpica non foi capaz de explicarme estas dubidas, e hasta se puxo indisposta cando lle dixen que a lei non era para todos igual (referindome aos dous primeiros casos citados).
Gracias.
¿o meu comentario?
O wordpress as veces pensa que un comentario é spam e pide que o revise, acabo de conctarme e xa está o teu comentario.
Non son experto na lei de costas, nin moito menos, o que pasa é que eu antes de decir algo do que non sei pregunto e se me equivoco pido disculpas.
Ok Javier.
Mais que che parece a historia.