Aymerich e Lobeira virán a Malpica a explicar que eles están en contra, o as que tiñan gardado según lle dixeron os de SeirugaLimpa foi ó final o as de bastos.
Aprobado o plano acuicola
29 Agosto 2008 by farinaperez
Publicado en Malpica | Etiquetado Benitiño Lobeira, Carlos Aymerich, plano acuicola | 14 Comentarios
14 Respostas
Deixa un comentario
-
Top Posts
As páxinas que visito
- Blas García
- Diego Pena
- Dolores Rodríguez Amoroso
- Fran Martínez Hidalgo
- Isa Lema Blanco
- Iván Puentes
- José Luís Valcarce
- Lage
- Lalo Bloguenado
- Mar Barcón
- Marcus
- Miguel Fidalgo
- Millán Fernández
- Modestoweb
- O cuaderno de Pepe Blanco
- Pedro Armas
- Pontedeume na rede
- Rafa de Noia
- Rafa García Guerrero
- Tamara Canosa
As páxinas que visito fora de Galicia
Blogroll
Ciencia
Internacional
Son socio de
Xornais de internet
-
Ultimas opinións
Almanaque
Moi boa esta entrada do blogue!!! Unha noticia sobre un proxecto dunha consellaría do PSOE, con forte contestación social, e nas dúas únicas liñas (hai que ver que brevidade ás veces) só se fala do BNG.
A táctica está clara, e hai que recoñecer que habilidade non vos falta.
En Maio Seirugalimpa escribia esto nunha entrada deste blog
seirugalimpa
Estamos de acordo. Existe a maiores un “As en manga” (aportado por Aymerich) no xogo do BNG. Ese As non vou a decir de que pau é, mais no seu momento e si non o quitan na partida pediremoslle mais explicacións.
Estamos traballando nesa xogada (de maneira particular) e buscando “esa información”, cando a topemos (Deus queira que sexa real) descubriremola.
Perdoa que non poida ser mais explicito, pero a singularidade do caso abocanme a esta ambiguedade.
http://farinaperez.wordpress.com/2008/05/12/comision-de-pesca-5052008/
Nesta entrada estan aqueles comentarios, por eso este post.
Xoan, en ningún momento falei do BNG, non aparece BNG no post, falo de dous individuos concretos que lle minten á xente, non lles mentiu o BNG, mentironlle Lobeira e Aymerich, e polo que vexo seguirán facendoo ou estarán buscando o as de copas xa que xa tiraron o de bastos.
Os proxectos do goberno son do goberno, do PSdeG e do BNG os dous son responsables para o bo e para o malo, repitoche coñezo xente do PSdeG a favor da piscifactoría e en contra, pero son coherentes se están a favor están a favor en Santiago e en Barizo, e se están en contra o mesmo, Lobeira e Aymerich están en contra da piscifactoría sempre excepto cando teñen que votar que votan a favor.
Non se fala do BNG, non, só se fala de “dous individuos concretos”, que só son os portavoces do BNG, respectivamente, no parlamento galego e na comisión de pesca. Pero non, fálase de dous individuos concretos…
“Os proxectos do goberno son do goberno”… claro, claro, por iso os ataques do PSOE ás leis que se redactaban dende vicepresidencia, o presidente socialista da FEGAMP (ou tamén o facía a título particular?) atacando as normas do hábitat… Ou espera, que todo se facía a título particular… Esta xente, claro, non está nisto da política, non teñen siglas, e as súas actuacións son particulares… Pero a quen queremos enganar?
PSOE e BNG subscribiron un pacto de goberno, e aí hai uns acordos. Entre eses acordos, unha aposta por un plano de acuicultura, que terá que levar adiante a consellaría respectiva. Pero que existe ese acordo signifique que se teña que asumir, así tal que “amén”, o que faga a conselleira Gallego, sen poder dar un debate… Non se come nin con patacas.
Por certo, séguese insistindo na mentira, erre que erre. Que se o BNG di distinto en Santiago que aquí. Será que pensas que de moito repetir unha mentira, será verdade. Velaquí tres enlaces:
1) Á web do BNG, xa fai uns meses, onde se di clara e publicamente que se aposta polo redeseño do plano acuícula e, en concreto, pola supresión de emprazamentos como Seiruga. (http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/novas/nova_0129.html)
2) Unha nova que tivo pouca difusión, pero que sinala que o BNG conseguiu paralizar xa o plano acuícola para que non fose ao anterior Consello da Xunta (http://www.anosaterra.org/nova/o-bng-detn-a-aprobacin-do-plano-acucola-.html)
3) O resumo que onte facía La Voz da aprobación do plano de acuicultura, onde fica ben claro o rexeitamento do BNG, que fixo que, ao igual que o resto de asuntos do Consello da Xunta, non saíse adiante na reunión preparatorio de secretarías das consellarías e fose só o empecinamento do presidente Touriño, que volveu (ao igual que coa convocatoria electoral) facer uso das súas facultades presidencias para meter este tema na orde do día sen ter sido aprobado na reunión preparatoria. Evidentemente, Touriño pretendía valerse, para cargarlle o morto ao BNG, do feito de que as deliberacións e votacións do Consello da Xunta, onde o PSOE ten maioría, son segredas, polo que nunca saberemos que se dixo nin se votou, pero o BNG xa deixou novamente clara a súa postura. (http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/08/29/0003_7096318.htm?idioma=galego)
Así que, ala, que o PSOE lle explique a veciñanza de Malpica o plano acuículo, o BNG ten ben clara a súa posición e vaina defender tamén na túa vila: plan de acuicultura si, pero non así. Sobre todo, non contra os veciños e veciñas, esa é unha forma de gobernar que o BNG nin entende nin apoia.
Acabo de levarme unha sorpresa ao ver que un comentario feito nesta entrada, en respota ao comentario número dous, foi eliminado.
Sorpréndeme porque non pensei que fóra ser así, tendo en conta que o comentario era totalmente respectuoso e limitábase a comentar e argumentar o que Javier Fariña dicía.
En todo caso, se alguén ten interese en coñecer datos “censurados” nestes comentarios, http://www.nasterrasdepondal.com.
Perdón, desculpas, non sei que acaba de acontecer coa aplicación informática, pero volvo ver o meu comentario anterior.
Pido desculpas por ter pensado na súa eliminación, xa vexo que non. Desculpas!!!
Acabo de conectarme, xa ves que eu non censuro nada.
As cousas que fai o goberno son responsabilidade do goberno, as das consellerias do PSdeG e as do BNG, do bo e do malo.
As normas do habitat tiveron críticas de alcaldes pero o que non poden é ter é criticas de parlamentarios.
Poñendoche un exemplo para que se entenda mellor, o portavoz do BNG no concello de Malpica ou no de Outes, pode estar en contra do plano acuicola da Xunta, porque actua como concelleiro nas suas competencias, un concelleiro pode criticar a outro goberno. Un deputado non pode estar en contra de nada do que faga o goberno que el apoia ou controla, ou apoia ó goberno nunha decisión ou non a apoia. Lobeira e Aymerich dixeronlle unha sarta de metiras ós de Seirugalimpa das que quedan por escrito. Se estivesen en contra Aymerich e Lobeira deberían ter votado en contra no parlamento, e fixeron o contrario, o PP a presentar iniciativas contra o plano acuicola e Lobeira a atacar ó PP
Se eres o presidente do Buño de futbol podes criticar á federación galega, pero se eres o vicepresidente da federación non podes decir que o que fai a federación está moi mal, se es vicepresidente da federación tes que cambiar o que che pareza mal.
Repitoche no PSdeG hai xente en contra e a favor, Lobeira e Aymerich persoas concretas son as únicas que coñezo que están en contra pero votan a favor.
Reitero as miñas desculpas por pensar no tema da censura, e agradezo terme equivocado. Cando voltou aparecer a mensaxe, facíao co subtítulo “esta mensaxe está a espera de ser moderada”, ao mellor foi que a abriches ti por daquela e a ocultou, ou algo así. Desculpas…
Seméllame particular a túa visión sobre o de quen ten dereito a criticar e quen non, e a suposta lealdade sine die ao que faga o goberno. Unha cousa é que non se anden a navalladas abertamente, e outra que non haxe diferencias, incluso públicas. E o BNG xa dixo o que tiña que dicir. E sobre o das mentiras, agardo datos. As evidencias, que cando menos o BNG aceptou reunirse coa xente de Seiruga, potestade que lle negaron os representantes do PSOE. E os datos demostran que o BNG traballou para que o plano acuícola non saíse adiante tal e como está, negar iso é negar a evidencia. E, de feito, o argumento máis fácil para corroboralo é a xogada que tivo que facer Touriño para tentar que pasase desapercibido.
Por certo, para min ten bastante máis lexitimidade para oporse un parlamentario do BNG que unha executiva comarcal ou alcalde do PSOE, como aconteceu. Ao fin e ao cabo, suponse que Moncho Varela e Carmen Gallego comparten un proxecto, no entanto que Lobeira e Gallego só comparten un acordo de goberno, pero teñen visións diametralmente opostas en moitos temas que teñen a ver coa pesca.
Non é eso o que opino sobre criticar ou discrepar nin moito menos, reiteroche, un deputado que apoia ó goberno pode discrepar co goberno, e eso faise dunha forma votando no parlamento, un deputado no parlamento de Galicia pode criticar a un concello, á deputación ou ó goberno de Madrid, ó goberno de Galicia non pode criticalo, ten que exercer a crítica votando, creo que é un concepto claro.
No blog de Seiruga limpa está todo o que lle contaron estes dous ós de Seiruga. Póñoche un exemplo o http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2008/01/11/0003_6470476.htm Aymerich falaba dun castro cando o proxecto xa fora cambiado e tido en conta o castro, no blog de Seiruga limpa aparécenche enlaces a sesións do parlamento de Galicia etc etc.
Eu e ti podemos criticar o plano acuicola, as galescolas a recollida de lixo dos nosos concellos ou a paga de 200 euros do goberno Zapatero, pero o que ten a responsabilidade de votar ten a obriga de votar e senón calar polo menos públicamente, ou de quedar coma un hipocrita.
O wordpress a veces non me publica os cometarios automáticamente porque cree que é spam, a maioria das veces é spam
Xa, pero penso que hai un erro de concepto no que se di, porque nin Lobeira nin Aymerinch votaron en ningures a favor do plano acuícola, na súa actual redacción, simplemente porque non foi sometido a votación no parlamento, xa que a súa aprobación tivo lugar mediante acordo do Consello da Xunta, lugar onde o BNG, segundo recollen os medios, manifestou a súa oposición (aínda que alí é minoría, co cal o proxecto puido saír adiante cos votos socialistas), en concordancia coa postura que mantivera e que queda recollida na web do BNG, á que noutro comentario anterior xa colguei un enlace.
O que votou o parlamento foron iniciativas non de lei puntuais presentadas polo PP, e o que non ten que facer o BNG é entrar no xogo popular, entre outras cousas porque é un xogo bastante lamentábel se temos en conta que presentaron peticións de supresións concretas cando despois pedían apurar o proxecto ou incluso recuperar o que eles aprobaran cunha Xunta en funcións, bastante máis agresivo aínda que o proposto pola actual conselleira.
Xa que logo, que non se diga o que non é. A postura do BNG pode gustar ou non, terse defendido con máis acerto ou non, pero é clara: acuicultura si, pero non así. É a conselleira de pesca quen terá que defender o seu proxecto persoal, xa que se ve que nin sequera entre os seus compañeiros de partido (xa non falemos do goberno) acada un apoio claro (digo isto, como é obvio, polas posicións manifestadas tanto polo alcalde malpicán como pola executiva comarcal).
E, sobre todo, é criticábel o tema das formas, fuxindo e negando audiencia a quen non concorda co proxecto, e recibindo no seu nome a unha persoa (o alcalde malpicán) a quen ninguén nomeara representante, simplemente para dicirlle que non.
Na comisión de pesca o PP pedíu a retirada da piscifactoría de Seiruga, se o BNG estivese en contra da piscifactoría de Seiruga podería ter votado co PP a supresión da de Seiruga, eso non é entrarlle ó xogo ó PP ou queres que se retire do plano acuicola ou non queres, moitas máis opcións non hai.
Tranquilo que o PP presentará inciativas contra o plano acuicola outra vez na comisión de pesca e no pleno e xa verás como o BNG votará a favor do plano acuicola, pronostícoche que neste primeiro mes de sesións pasará.
Touriño en rolda de prensa dixo que o proxecto era de todo o goberno, e non saiu ninguén do goberno a negalo, polo tanto as únicas declaracións do goberno son para decir que é un proxecto de todo o goberno, o resto son informacións indirectas, so cando algún membro do goberno saia decindo o contrario haberá que creelo, pero polo o de agora o que sabemos oficialmente é que é un proxecto de todo o goberno.
O alcalde por definición é o representante de tódolos veciños, é o único que pode representalos a todos, el e os concelleiros elexidos, o resto poden representar a unha parte, e se ves en seirugalimpa explicaranche que o alcalde preguntoulles se querían que fose á reunión e eles dixeronlle que si.
Desgraciadamente o BNG vai pagar en Barizo moi caro o que está facendo, xa lle pasou nas xerais e pasaralle nas autonómicas, xa che digo desgraciadamente, senón ó tempo
Correcto, pois será así, non digo que non, pero entón ao mellor tamén é para preguntarlle á xente de Barizo que van votar. PSOE, que foi quen redactou o proxecto que detestan? PP, que pedía máis acuicultura e máis rápido (cando Seiruga Limpa pide xusto o contrario)? Ao mellor si, porque a estratexia da confusión creada polo PSOE para repartir culpas válelle, pero eu tamén creo e confío na intelixencia da cidadanía.
Pode ser que ningún dos cinco conselleiros/as do BNG saíse publicamente, pero si o fixeron o portavoz parlamentario e o portavoz en materia de pesca, claro que para ti iso non é ninguén nin é voz autorizada, claro.
E si, o tempo o dirá. Pero en todo caso, sabe Javier Fariña como sabe o PP que tanto as votacións da comisión de pesca como as propostas non de lei presentadas no parlamento non son vinculantes, xa que a competencia na materia tena o Consello da Xunta. Xa que logo, aínda que o BNG quixese xogar ao xogo que lle ofertaba o PP (que non quere), nada tería cambiado. E a cambio de que a hipotética postura do BNG? Para que o PP saia co peito hinchado? O BNG defendeu clara e publicamente a súa postura, quen o queira ver ben, e quen non alá el/ela.
Ao mellor a xente de Seiruga aceptou que o alcalde fose a reunirse coa conselleira, o que tamén é obvio e que eles tamén querían ir, e iso non o dis e é o verdadeiro cerne da cuestión. Non as presenzas (neste caso a do alcalde) senón as ausencias non permitidas.
O presidente do goberno galego di que o proxecto é de todo o goberno, ningún outro membro do goberno o nega.
O PP pide que se elimine a piscifactoría de Seiruga, pero o BNG que está “en contra da piscifactoría” vota o contrario, eso si para que o PP non saque peito, no PP non sacan peito, levanse rindo de Lobeira e cia durante meses e o que lles queda.
Ó mellor é unha extratexia de confusión a partir de agora o BNG cando esté a favor de algo vota en contra e cando esté en contra vota a favor, unha vez morto Gila é unha boa forma de honrar o seu legado, ¿Es el enemigo? que se ponga
Parabéns polo sarcasmo (#12). O BNG o que vota non é a favor da piscifactoría de Seiruga (á que xa dixo claramente que se opuña) senón en contra dunha iniciativa parcial e sen valor do PP, que o único que buscaba era abrir unha fenda no goberno sobre un proxecto que aínda se estaba a discutir no seo do propio goberno, como é fácil documentar, e que polo tanto estaba a ser traballada tanto por BNG como PSOE no sentido en que cada forza política ten manifestado reiteradas veces. É distinto.
Vale que o PP se ría de Lobeira, outros en vez de rir temos que avergonzarnos, por exemplo, coas palabras do seu líder Fraga Iribarne na súa última entrevista en El Mundo (http://www.elmundo.es/elmundo/2008/08/30/espana/1220053571.html) sobre Franco ou o nacionalismo, o día anterior nun acto do PP. Se eles queren rir, a min, en concreto, preocúpame pouco, porque pouco é o creto que lles dou.
E si, Gila merece moitas homenaxes, esta túa e a miña reverencia. Gila era moi grande…
Estamos de acordo no de Fraga e Gila, jejjejjejej.