Hoxe sae no Correo e en Público o meu ex-compañeiro de piso Alfredo
González Pérez.
Con el compartin piso en Alfredo Brañas nº 14 4- A, (boto de menos as conversas na habitación de Senén) en Fernando III o Santo número 10, 1A (creo) e en Rua do Home Santo, el deixoume moitos apuntes e libros, iamos a Cineeuropa, ó salón do comic de Coruña, orgnizamos na facultade as xornadas de ciencia ficción e as xornadas de Manga, o concurso de relatos, o de poesia, o campeonato de mus…e como tiña catalogos da editorial MIR comprabamos libros rusos descatalogados, desde o Goldin-Novikova de introducción a Física Cuántica, a libros de relatos ou parte das obras completas de Lenin, a 100 ou 200 pesetas o tocho, por eso cando decidimos presentarnos ás eleccións á Xunta de Facultade e ó clausto creamos o MIR (Movemento Independente de Representante) gañamos tódalas eleccións as que nos presentamos, por certo, o cartel dunha desas eleccións era este onde aparecian as caricaturas feitas por Alfredo.


Non sei que foide todos os das caricaturas, no facebook vou atopando a moitos,Cristobal Iglesias Segarra traballa facendo aplicacións informáticas baixo Linux, fixo un dos programas do SERGAS e despois de vivir uns anos en Barcelona vive en Santiago, Clara Otero vive en Holanda traballando na investigación, Oliver Pardo Ganfornina traballa en Londres, José Manuel Sanguiñedo foi un dos fundadores de Blusens onde traballa, Toño Sierra traballa nunha consultora en Madrid, Jose Viña traballa na investigación en Holanda, Miki Álvarez Alonso sei que se presentaba as oposicións de Tecnoloxía e traballaba en Facenda, Jorge Amigo Lechuga fixo un master en Londres e agora traballa de Bioinformático na USC, Eladio Cortizas ten dobre traballo un deles informático, Roberto Crego tivo unha empresa de medicións de radiación de antenas e traballaba de informático na USC ,Teo Docanto é profesor no instituto La Salle de Santiago, e foi o meu compañeiro na partida máis longa da historia do campeonato de Mus (5 hoas torturamos ós nosos rivais), Rafa García Guerrero é alcalde de Noia por segunda vez (Porque somos de Noia e podemos) Maximo Ave Pernas é invesigador en proxectos de Partículas, a última vez que souben del estaba en Boston, Alf xa vedes está en Dinamarca e do resto non sei case nada.
pd:Eu últimamente dedícome a gañar premios de fotografía, na voz e no correo podedes verme, tembla Xaime, vou a mellorarte como fotógrafo

Iso non será moi complicado. Eu non saco fotos a posta, o que pasa é que os fotóns tropezan accidentalmente coa miña cámara.
Noraboa ao premiado.