Chegame via Eva Riveiro
Os pais e nais do alumnado do ensino obrigatorio público e concertado galego, xunto co resto da comunidade educativa, ante as declaracións do Sr. Conselleiro de Educación manifestando a intención da súa Consellería de modificar o sistema actual de gratuidade dos libros de texto
Manifestamos que:
• A gratuidade do ensino é un dereito consagrado na lexislación vixente.
• A gratuidade dos libros de texto é unha conquista social de todos os galegos.
• A intención do goberno galego de reducir gastos educativos, argumentada na crise económica, non debe afectar á gratuidade dos libros de texto, condición necesaria para acceder á igualdade de oportunidades na educación.
• Dende hai 3 anos, todo o alumnado do ensino obrigatorio, en condicións de igualdade, recibe en préstamo os libros de texto que vai necesitar ao longo do curso escolar. Unha vez rematado o curso, os nenos devolven os libros, que serán usados ao ano seguinte por outros alumnos. Pasados 4 anos, os libros son renovados.
• Todo isto significa que durante catro anos a administración non realiza novos investimentos, polo que, ao noso modo de ver o cambio do sistema de préstamo ao de libros en propiedade ten como único obxectivo o beneficio das editoriais, non entendendo o pretendido aforro económico.
• O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos, e da paso adiante na defensa do noso patrimonio ecolóxico.
• Por outra banda, non entendemos as formas da Consellería de Educación, que pretende impoñer unha política de facto consumado durante a época estival, prexudicando directamente ás familias.
En consecuencia, os abaixo asinantes esiximos á Consellería que manteña o sistema de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio que se implantou hai tres anos en Galicia, negándonos rotundamente a mercar os libros de texto para o novo curso escolar se non temos garantías de que a gratuidade é universal.
Que se jodan los que votaron al PP, a pagar los libros y ojalá tengais que pagar también el autobús escolar
Aparte doutros tópicos e derivativos, ao meu ver isto é o fundamental, porque estamos a falar de Educación:
“• O sistema de préstamo supón a implicación dos alumnos no coidado dos libros, fomenta a solidariedade e o respecto aos bens públicos …”
O do patrimonio común valga tanto para o ecolóxico coma para o histórico, o lingüsítico, o musical, etc. etc. etc.
Sí, eu son comunista radical, alomenos no sentido do que estou a comentar agora.
E quen vai pagar iso coa crise que vai?
- Os que se levaron a riqueza, os que a roubaron, deberían pagar os libros, e moito máis.
Este modelo do PP vai ser máis caro que o dos libros de texto gratuitos, co PP vanse comprar libros tódolos anos, co modelo Socialista so se compraban cada 4 anos un libro o usaban 4 nenos un cada ano, os calculos falan de que será 17 millons de euros máis caro o comprar libros.
Na crise e sen crise a diferencia fundamental é en que se gastan os cartos, en que se utilizan os impostos, a dereita de Feijoo está claro o que prefire, menos servicios e dereitos para a maioria da xente.
O proximo será que se pague o transporte escolar, xa verás. É a diferencia fundamental, e diferenciar entre dereitos e favores,para a esquerda a educación obrigatoria é un dereito e ten que ser obrigatoria e gratuita, para a dereita un favor que se ten que pagar, eso pasa nas autovias, se vas de Santiago a Ourense pagas en Lalín 5 euros e pico na autovia que fixo Fraga e o resto Lalín-Ourense é gratis, o tramo que fixo Touriño, a demostración clara e distinta de dous proxectos e formas de ver a vida totalmente diferentes, para que despois digan que todos son iguais
hoy, Voz de Galicia, ya se habla del transporyte escolar…luego vendrán los comedores…luego…..
Gracias Javi,por poñer o teu gran de area, para que non haxa desigualdade, entre os cativos, xá que ainda e moi pronto para que aprendan o que non deben, e dende espero que nos sirva para moito. E non estou dacordo que paguen porque votaron ó pp, temos moita xente que non lles votou. Neste saco estamos tod@s.
Biquiños e repítome :Graciñas. Eva RIVERO