O exdeputado e exalcalde de Carballo Manolo Varela acaba de ser nomeado Delegado Provincial da Consellería de Cultura na provincia de Coruña, hoxe aparece esta entrevista na voz de Galicia
Manolo Varela era un grande adestrador de futbol, o ano que chegou a deputado era adestrador do Malpica, e eu era xuvenil pero adestraba cos maiores, xa que os xuvenís non adestrabamos e non tiñamos moi claro quen era o noso adestrador, por eso algúns adestrabamos cos maiores, eses meses aprendín moito de futbol e de como ser adestrador, era un adestrador frio, que sabía que nos partidos o xogadores están a 180 pulsacións e el tiña que transmitir tranquilidade, xa no 1989 facía rotacións, os dianteiros, Esmorís, Ramón Ángel, Santi e Castriño rotaban antes de que se puxera de moda a palabra rotacións…
Políticamente, Manolo Varela é unha persona aberta e tolerante, dialogante e traballador, por eso gañou tantas veces as eleccións municipais en Carballo, a súa forma de actuar seguro que non cambia, seguirá exercendo de forma tolerante e dialogante o posto de delegado provincial da consellería de cultura, unha boa nova para a nosa comarca.
Ja ja ja
como que ja ja ja?
Non, oh, delegado provincial non, que xa non hai. Non sabes que co aquelo da austeridade, reduciron as delegacións provinciais?
Ben, realmente, mentíronnos como debe ser, cambiáronlle o nome, e xa está. Pero o país ten o que merece.