O actual delegado do goberno en Galicia Antón Louro é unha das persoas coas que máis coincido, paréceme que é galeguista, socialista, sensato, tolerante, dialogante etc. Gustariame contar unha anécdota del que pasou, xa fai anos… diferentes federacións do PSOE empezaron a cambiar o seu nome a Federación Socialista Madrileña pasou a chamarse PSOE-Madrid,en Andalucía PSOE-Andalucía, so algúns coma o PSC en Cataluña ou o PSE-EE continuaron coa denominación que tiñan, e houbo en Galicia quen propuxo cambiar do PSdeG-PSOE a PSOE-Galicia, co argumento que o que nos dá os votos é o PSOE , e que o PSdeG nada, eu defendía, e defendo que o PSdeG é algo máis que a franquicia do PSOE en Galicia, é un partido propio que forma parte do PSOE, que esta existencia enriquece ó propio PSOE e moito ó PSdeG.
Louro, como moitos saben ven do PSG na clandestinidade, e como tal viveu a integración co PSOE para formar o PSdeG-PSOE como pasou en Cataluña coa formación do PSC etc etc, pois un día falando con Louro do tema dime, como lle imos poñer PSOE-Galicia ó partido, sería un acto de imperialismo, sería como poñer PSOE-Senegal…. eu estiven totalmente de acordo,por sorte o partido sigue sendo PSdeG-PSOE…
Estes días volve a darse algunha polémica na que volvo a estar totalmente de acordo con Antón Louro
Boísimo. Coincido plenamente. Antón é un referente.
Menos mal, porque a deriva do voso secretario xeral é pra botar a chorar… Poñédelle coto ó tema, por favor!!
Bueno se vos chega con eso adiante, eu malia manter sempre a espranza de seres quen de facilitar as cousas neste País nunca entenderei nin esquecerei que na Galiza xa tivemos PSG e continuamos a telo. Tamén aclarar que coma socialista que son síntomo adecuadamente geminado a todas e todos os socialistas de cuasquier lugar do mundo, mais categorizo “PENSAMENTO GLOBAL E ACION LOCAL”
ADIANTE COA IRMANDADE DOS POBOS MAIS SEN SUBMETIMENTO DE NENGUN .
Nunca debo esquecer “MOCIÓN = CORRUPCIÓN”
Pepe sempre é un Cabal Eiro.
Moitos Louros facían falta!